06
may

 

O alumnado de 4º de ESO da asignatura de Alemán e a Escuela de Idiomas ESID Liceo participaron no ciclo de conferencias «Descubrindo o Alemán», na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.

 

Asistiron o día 3 de maio ás ponencias da Dra. Mª José Corvo Sánchez «O alemán e o español en contraste aos ollos de estudantes principiantes» e a Dra. Mª Jesús Barsanti Vigo «O alemán ao teléfono», onde os nosos alumnos non só repasaron conceptos básicos do alemán aprendidos na clase, senon que ademais puideron ver outro punto de vista distinto ó da sua profesora habitual, sentíronse adultos e comezaron o seu primeiro contacto ca universidade.

 

O último día de conferencias, martes 10 de maio, os alumnos/as de 3º de ESO participaron na conferencia do cadeirádego Prof. Victor Millet Schröder titulada «Por que o alemán é como é e tamén os alemáns teñen problemas con el?». Ca súa acostumada elocuencia para expresar e explicar de xeito impecable todo o relacionado co mundo alemán, este profesor e persoa admirable non deixou indiferente a ninguén dos mais de 70 asistentes a este magnífico ciclo de conferencias «Descubrindo o alemán», organizado extraordinariamente pola Dra. Elena Martín-Cancela.

 

Queremos agradecer persoalmente a Elena por darnos a oportunidade de gozar e poder aprender desde outros puntos de vista o idioma alemán. Agardamos que cada ano poidamos asistir e vivir o ambiente universitario.

 

Unha nova e gran vivencia!

 

Natalia Miguel Luis
Coordinadora y Profesora del Departamento de Alemán y ESID Liceo La Paz

 

0 No comments

Comments are closed.