08
feb

 

A Asociación Galega de Xermanistas (AGX) convoca o II Concurso de cómic en alemán para alumnado xuvenil.

 

Bases do concurso de cómic en lingua alemá da asociación galega de xermanistas (AGX) 2023.

 

1/ Participantes e categorías: o concurso vai dirixido a xente nova de 12 a 16 anos de centros de ensino regrado que imparten alemán en Galicia, tanto no ámbito público como privado.

 

2/ Obra: seleccionarase un traballo que pode ser individual ou en parellas, onde os e as participantes presentarán un cómic orixinal inédito.

 

3/ Tema e técnica: o traballo será de tema libre, se ben o eixe central estará relacionado coa cultura dos países de fala alemá e redactado en lingua alemá, en formato DIN-A3 por unha soa cara, en branco e negro ou cor, de técnica libre e cun mínimo de 6 viñetas ou 60 palabras.

Non se aceptarán obras que fomenten a discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, violencia, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, nin a presenza de marcas comerciais de ningún tipo no contido.

A organización reserva o dereito de non admitir a concurso as obras que non cumpran as condicións técnicas, artísticas ou legais esixidas nas presentes bases.

 

4/ Xurado: estará composto pola Xunta Directiva da AGX.

 

5/ Recepción de propostas: admitiranse traballos en formato dixital enviados ó enderezo de correo electrónico da asociación galega de xermanistas infoagx@gmail.com

 

Solicítase o envío coa seguinte información:

– Título da obra, nomes dos participantes, idade e centro de estudos, correo electrónico do/a profesor/a.

– Imaxe escaneada en formato JPG, cun peso máximo de 150 kb.

O prazo de recepción de traballos finaliza o 31 de marzo de 2023.

 

6/ Premio: establécense dous premios, que consistirán na entrega de material en lingua alemá ou de autores de lingua alemá. Os autores/autoras premiados recibirán un premio individual e o centro no que recaia o primeiro premio recibirá tamén un lote de material para uso de todo o alumnado.

 

7/ Comunicación dos premiados: será por correo electrónico a través do profesor ou coordinador da actividade no centro de ensino, publicarase ademáis a listaxe de premiados nas redes sociais da AGX.

 

8/ Exposición dixital: todas as obras participarán nunha exposición dixital nas redes sociais da AGX. A participación implica a concesión do uso das imaxes pola Asociación Galega de Xermanistas para a súa exposición pública.

 

9/ Aceptación das bases: a presentación da solicitude de participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases e da interpretación que das mesmas faga o xurado convocado para ese efecto, cuxo fallo será inapelable, de acordo co disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, conforme ó regulamento 2016/679/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (RGPD), relativo á protección das persoas físicas no que respecta 6 tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (art. 5.1 00 regulamento 2016/679/ue). informámoslle que ao enviar os datos requiridos para a participación, da o seu consentimento á Asociación Galega de Xermanistas para tratar os seus datos persoais co único fin de xestionar a súa solicitude. Os seus datos non serán cedidos ou comunicados a terceiros, salvo obriga legal. Os participantes poden exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión, así como os demais dereitos recolleitos na normativa de protección de datos persoais mediante solicitude dirixida por escrito ao delegado de protección de datos da AGX ou no correo electrónico agxoirectiva@gmail.com, acompañando a petición dun documento que acredite a súa identioade, tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control española (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á lexislación vixente.

0 No comments

Comments are closed.