05
oct


Fai uns meses animamos ós nosos alumnos de alemán a participar no II Concurso de Cómic en Alemán. A Asociación Galega de Xermanistas (AGX)  anunciou esta semana os premios dunha edición cunha ampla participación: vinte e seis pezas, entre as que se atopaban varias do noso Centro, animados polo noso Departamento de Alemán.

 

A competencia foi alta e ningún dos nosos alumnos acadou os premios, sendo a obra Ein besonderer Tag de Fabiola Saenze, e Einzigartiges Erlebnis, de Frank Rober e Enrique Basadre, as gañadoras do primeiro e segundo premio, respectivamente.

 

Queremos felicitar ós nosos participantes pola súa iniciativa, creatividade e dominio do alemán. Presentarse a un concurso supón moito traballo e valor, e non recibir o premio non significa perder, pois sempre se aprenden habilidades, experiencias e ¿quen sabe? quizais algún dos nosos mozos descubriu unha paixón que perseguir no  seu futuro.

 

Parabéns a todos!

 

0 No comments

Comments are closed.