18
may

 

Co propósito de conmemorar o Día das Letras Galegas, algúns dos membros do noso profesorado, así como alumnos de ESID Liceo, realizaron un pequeno vídeo conmemorativo no que puxeron voz ó poema de Vicente Risco «Leria XVIII. Da medida das cousas» dedicado a Galicia.

 

No vídeo, tamén tiveron cabida algúns dos termos máis bonitos da nosa lingua galega que, á súa vez, foron traducidas ós idiomas do proxecto. Este vídeo, ademáis, forma parte do proxecto Erasmus que se leva a cabo dende setembro na Escola de Idiomas ESID Liceo en colaboración con Polonia, Reino Unido e Italia, cuxo obxectivo é ensalzar o Patrimonio Cultural de Galicia.

 

Esta semana, e con motivo da celebración do día das nosas letras, os participantes do proxecto continuarán levando a cabo actividades relacionadas coa proxección cultural e literaria de Xelia Arias, co fin de facer viaxar a súa poesía polos diversos camiños de Europa.

0 No comments

Comments are closed.